Escena Galega continúa coa súa oferta formativa anual cun curso sobre xestión empresarial para empresas

Escena Galega continúa coa súa oferta formativa anual cun curso sobre xestión empresarial para empresas

O obradoiro, de 14 horas de duración, terá lugar os vindeiros 29 e 30 de setembro no Espazo Off da Cidade da Cultura de Galicia e estará conducido por Robert Muro e Juan Carlos Talavera

Escena Galega continúa co seu paquete formativo anual coa sesión "Microempresas e persoal autónomo das artes escénicas: xestión, planificación e organización económica". Os docentes encargados de conducilo serán Robert Muro (ELMURO SL e Asimétrica, socio-fundador da Academia das Artes Escénicas española) e Juan Carlos Talavera (avogado e actor, socio fundador de Cuestión Previa SCP Abogados, ten colaborado coa SGAE ou ARTEMAD). A proposta terá lugar os vindeiros 29 e 30 de setembro en horario de 10 a 14h e de 15.30 a 18.30h. 

 

Contidos

A primeira sesión, impartida por Robert Muro, dará unha perspectiva dos aspectos de organización, viabilidade e planificación dunha estrutura profesional do ámbito das artes escénicas, enfocada a pequenas compañías profesionais de artes escénicas con distintos modelos que van desde os profesionais autónomos/as ata as SL, SC e SCoop. Falará por tanto de emprendemento e innovación, abordando as principais cuestións da xestión dunha empresa cultural. 

Xa o día 30, Juan Carlos Talavera guiará ás e os asistentes na xestión laboral e fiscal das artes ao vivo. Analizaranse cuestións relacionadas cos modelos de organización empresarial e asociativos, así como a lexislación vixente en materia de traballo, os salarios, a seguridade social, os contratos e os impostos. 

Inscrición

A formación é de balde para socios/as de Escena Galega, se quedan prazas libres, poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 60 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) ata o luns 27 de setembro ás 20h.

 Pódese descargar toda a información aquí.

Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). 

 

 

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.