QUEN SOMOS
Escena Galega
ESCENA GALEGA (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) é a asociación de referencia para o sector profesional das artes escénicas en Galicia, creada en marzo de 2002 por iniciativa de 16 compañías de teatro. Actualmente somos xa 58 compañías e empresas produtoras as que formamos parte desta entidade, dende que no ano 2015 decidimos unir forzas para posicionar a asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio. O noso obxectivo é impulsar o desenvolvemento empresarial de cara á modernización do sector, sen perder a identidade das compañías como motores creativos das artes escénicas galegas.
A día de hoxe a entidade abrangue unha gran porcentaxe do sector escénico profesional galego, con proxectos de produción e creación moi diversos; teatro para infancia, mocidade e público adulto, monicreques, novo circo, danza e artes do movemento.
Xunta Directiva de Escena Galega
Patricia de Lorenzo González
Rocío Salgado Pérez
Eva Alonso Gómez
Marta Alonso Tejada
Antonio “Tone” Martínez Rial
Guillermo Carbajo Martínez
Marta Iglesias Martín
Francisco Sieira González
Santiago Cortegoso Calvar
Equipo de Escena Galega
Diego Vázquez Meizoso
Greta Marí