Escena Galega fai balance positivo do primeiro semestre de alianza con Cafés Candelas

Escena Galega fai balance positivo do primeiro semestre de alianza con Cafés Candelas

A Asociación de Empresas de Artes Escénicas de Galicia colabora dende comezos de ano coa empresa cafeteira lucense, que apoia a súa actividade como patrocinadora oficial

Escena Galega, a Asociación de Empresas de Artes Escénicas de Galicia, mergúllase no verán facendo balance positivo do labor desenvolto no primeiro semestre do ano da man de Cafés Candelas, o seu patrocinador. A nosa entidade, que aglutina máis do 80% do tecido profesional en Galicia, desenvolveu apoiada pola cafeteira lucense múltiples accións neste 2023. O apoio e connivencia de Cafés Candelas constitúe un traballo de gran valor para a asociación sectorial, que estrea da man de Cafés Candelas a súa financiación privada. 

Apoio de Cafés Candelas na actividade pública da Asociación 

Un dos resultados máis visibles desta rede de cooperación é o apoio no desenvolvemento de eventos da Asociación. Xa dende comezos do ano, a marca tuvo presenza nos primeiros Recoñecementos de Escena Galega, celebrados na Sala Ártika a finais do mes de abril. Neles, Escena Galega rendiu tributo á traxectoria e traballo de persoas e iniciativas que melloraron a profesionalización e posta en valor do teatro, a danza, o circo e a maxia nas catro provincias. Tamén nos acompañaron na edición de 2023 de Galicia Escena PRO, o mercado galego das Artes Escénicas que Escena Galega organiza xunto á Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Alí, múltiples perfís vencellados á produción e distribución de escénicas estiveron en contacto durante a feira para dar difusión ao catálogo de espectáculos profesionais de Galicia. 

O compromiso de Cafés Candelas apoia e enriquece a proposta pública de Escena Galega, apoiando eventos e proxectos da Asociación e axudando a visibilizar o talento artístico do noso territorio. Esta unión de forzas favorece a expansión da entidade sectorial, que se ve beneficiada da incorporación de financiación privada para o desenvolvemento de accións de divulgación e difusión das artes escénicas de Galicia.

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.