
Escena Galega publica un comunicado amosando o seu rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de manter pechado o Auditorio Municipal e o illamento cultural que está a sufrir a cidade Escena Galega publica un comunicado amosando o seu rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de manter pechado o Auditorio Municipal e o illamento cultural que está a sufrir a cidade
Asina o texto conxuntamente con outras 12 entidades sectoriais de artes ao vivo Firma el texto conjuntamente con otras 12 entidades sectoriales de artes en vivo
Dende Escena Galega (Asociación de Empresas de Artes Escénicas de Galicia) queremos amosar o noso total rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de manter pechado o Auditorio Municipal da cidade dende comezos de ano, impedindo a programación de actividades culturais a través deste comunicado, que promovemos conxuntamente co resto de entidades sectoriais.
A normativa vixente no referente ás restricións derivadas da crise da COVID-19 non impide a programación de espectáculos, concertos ou calquera outra actividade de cultura ao vivo nos Concellos galegos. O sector do espectáculo ao vivo ten demostrada a súa boa praxe e capacidade de adaptación profesional á hora de implementar as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para a contención da Covid19 nos teatros, xa que a preocupación e a vontade do sector é facer da cultura ao vivo un espazo de máximas garantías de seguridade non só para o público, senón tamén para os e as traballadores/as, pertenzan estes ao ámbito técnico ou ao ámbito artístico. Boa proba disto son as excepcionais medidas levadas a cabo non só nos teatros e auditorios senón tamén no ámbito laboral, de protección de todos e todas.
Entendemos que a decisión do consistorio ourensán atende a unha xustificación política e non técnica, e non ten cabida porque entra en conflicto, primeiro, coa normativa vixente, e despois co dereito da cidadanía á cultura. En relación a esta decisión, o Concello non ten por exemplo renovado o convenio co circuíto escénico e musical promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais, a Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), nunha clara declaración de intencións sobre non programar actividade nos vindeiros meses.
Dende Escena Galega e o resto de entidades asinantes queremos rexeitar a determinación do equipo de goberno municipal de desatender a programación cultural da cidade. Coa súa falta de colaboración, o consistorio pon de manifesto a súa falta de sensibilidade -mais, por riba de todo, de interese- por achegar á cidadanía o abano de programación cultural que lle corresponde como dereito.
As consecuencias desta decisión unilateral afectan directamente á veciñanza e supoñen unha grave eiva na programación cultural ourensá, impedindo así mesmo aos e ás profesionais do sector do espectáculo ao vivo o desenvolvemento normal da súa actividade, xa de por si moi afectada polos sucesivos peches do último ano.
Entidades asinantes deste comunicado:
Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas)
AGPXC (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural)
AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais)
PAM (Plataforma Artes do Movemento)
Asociación de Compañías de Danza Emprendo Danza
APCG (Asociación de Profesionais de Circo de Galicia)
UNIMA Galicia (Unión Internacional da Marioneta)
Músicas ao Vivo
Academia Galega de Teatro
Espazo Coop_Sectorial de Cultura
TESGAL (Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo)
AFEARTE (Asociacion de Festivais de Artes Escénicas de Galicia)
Venres 12 de marzo de 2021.
Desde Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) queremos mostrar nuestro total rechazo a la decisión del Ayuntamiento de Ourense de mantener cerrado el Auditorio Municipal de la ciudad desde comienzos de año, impidiendo la programación de actividades culturales a través de este comunicado, que promovemos conjuntamente con el resto de entidades sectoriales.
La normativa vigente en el referente a las restricciones derivadas de la crisis de la COVID-19 no impide la programación de espectáculos, conciertos o #cualquier otra actividad de cultura live en los Ayuntamientos gallegos. El sector del espectáculo live tiene demostrada su buena praxis y capacidad de adaptación profesional a la hora de implementar las medidas higiénico-sanitarias necesarias para la contención de la Covid19 en los teatros, ya que la preocupación y la voluntad del sector es hacer de la cultura live un espacio de máximas garantías de seguridad no solo para el público, sino también para los y las trabajadores/las, pertenezcan estos al ámbito técnico o al ámbito artístico. Buena prueba de esto son las excepcionales medidas llevadas a cabo no solo en los teatros y auditorios sino también en el ámbito laboral, de protección de todos y todas.
Entendemos que la decisión del consistorio ourensano atiende a una justificación política y no técnica, y no tiene cabida porque entra en conflicto, primero, con la normativa vigente, y después con el derecho de la ciudadanía a la cultura. En relación la esta decisión, el Ayuntamiento no tiene por ejemplo renovado el convenio con el circuito escénico y musical promovido por la Xunta de Galicia en colaboración con las entidades locales, la Red Gallega de Teatros y Auditorios ( RGTA), en una clara declaración de intenciones sobre no programar actividad en los próximos meses.
Desde Escena Galega y el resto de entidades firmantes queremos rechazar la determinación del equipo de gobierno municipal de desatender la programación cultural de la ciudad. Con su falta de colaboración, el consistorio pone de manifiesto su falta de sensibilidad -mas, por encima de todo, de interés- por acercar a la ciudadanía el abanico de programación cultural que le corresponde como derecho.
Las consecuencias de esta decisión unilateral afectan directamente al vecindario y suponen un grave defecto en la programación cultural ourensana, impidiendo asimismo a los y a las profesionales del sector del espectáculo live el desarrollo normal de su actividad, ya de por sí muy afectada por los sucesivos cierres del último año.
Entidades firmantes de este comunicado:
Escena Gallega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas)
AGPXC (Asociación Galega de Profesionales de la Gestión Cultural)
AAAG (Asociación de Actores y Actrices de Galicia)
AGEM (Asociación Gallega de Empresas Musicales)
PAM (Plataforma Artes del Movimiento)
Asociación de Compañías de Danza Emprendo Danza
APCG (Asociación de Profesionales de Circo de Galicia)
UNIMA Galicia (Unión Internacional de la Marioneta)
Músicas live
Academia Galega de Teatro
Espacio Coop_Sectorial de Cultura
TESGAL (Asociación Sindical de Profesionales Técnicos del Espectáculo)
AFEARTE ( Asociacion de Festivales de Artes Escénicas de Galicia)
Viernes 12 de marzo de 2021.