La Guajira

A compañía

La Guajira é un proxecto artístico conformado por Ana Beatriz Pérez, Armando Martén e Ismael Berdei, tres artistas con ampla traxectoria profesional que converxen nun punto común, a expresión artística. Compaxinan a creación coa docencia, para eles a danza é a música son a maneira perfecta de conectar coas persoas, establecendo vínculos e movendo corazons. La Guajira é onde danza e música se entrelazan, cara a exploración e aprendizaxe mutuo. O seu nome trae un aroma insular, un ambiente familiar, un espazo que alberga verde na mirada.

A traxectoria de Ana Beatriz e Armando esta vinculada nos últimos dezacete anos a Cia Entremans e Artestudio Xestión Cultural. Etapa que foi marcando o seu quefacer profesional fora e dentro da comunidade, obtendo varios premios de coreografía en certamenes coreograficos de España. Co ánimo de emprender unha nova etapa e o desexo de ir cara a outras procuras, comezan este proxecto xunto ao músico Ismael Berdei, a peza que completa o puzzle.


  • Sede

    Calle Coronel Cerviño Núñez 2 Bajo A. A Coruña
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 650681556
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.