CulturActiva

A compañía

Culturactiva, S. Coop. Galega traballamos desde o ano 2000 na xestión cultural, o teatro e a dinamización social, desde o ámbito creativo e formativo. Sempre poñendo ás persoas no centro e entendendo a cultura como ferramenta de desenvolvemento humano, social e económico, a cultura como vector de transformación e reequilibrio territorial e social.

Defendemos o riso como linguaxe universal entre os pobos e a solidariedade a través do humor. 

O noso equipo de traballo está especializado na distribución e produción escénica, na formación e na xestión integral de programacións e proxectos culturais comprometidos e transformadores. Inquietudes e ámbitos que fan do proxecto un motor que leva percorrido milleiros de quilómetros desde Galicia, pasando polo Estado español, a Portugal, Latinoamérica, Palestina, Sahara e Europa, cos seus proxectos e artistas.

Culturactiva non se entende sen o noso compromiso social, que se materializa en gran medida no colectivo Pallas@s en Rebeldía, creado no 2004 en Chiapas (México) e que xa é unha rede internacional que promove a solidariedade e a risa como motores de cambio social, apoiando a loita pola supervivencia dos pobos en conflito... Os nosos obxectivos están claros: defender os dereitos humans coa cultura como ferramenta, espertar a esperanza a través das artes circenses e a música, desenvolver a fraternidade entre os pobos do mundo, e loitar contra este sistema global de terror desde a utopía das artes...


  • Sede

    Rúa Triacastela 3 Baixo, 15703 Compostela, A Coruña
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 981582836
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.