
As xornadas profesionais de Escena Galega 2025 celebraranse en Pontevedra o 17 de xuño, cunha mirada posta na accesibilidade e inclusión nas artes escénicas As xornadas profesionais de Escena Galega 2025 celebraranse en Pontevedra o 17 de xuño, cunha mirada posta na accesibilidade e inclusión nas artes escénicas
É a primeira vez que a cita se desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra Es la primera vez que la cita se organiza en colaboración con la Diputación de Pontevedra
As xornadas profesionais de Escena Galega chegan por vez primeira á provincia de Pontevedra, grazas á colaboración coa Deputación, cunha proposta centrada na accesibilidade e a inclusión no eido das artes escénicas. A cita terá lugar o martes 17 de xuño no Salón de Plenos do Pazo provincial, baixo o título “Accesibilidade e inclusión nas artes escénicas: construíndo experiencias accesibles dende o primeiro clic ata a butaca”, e contará cun programa que combina reflexión teórica e aprendizaxe práctica arredor deste eixo central.
Estas xornadas, que son o único foro estable de debate e reflexión para o sector das artes escénicas profesionais en Galicia, están dirixidas a persoas profesionais ou interesadas na inclusión e accesibilidade cultural, e terán unha capacidade máxima de 80 asistentes. A inscrición, gratuíta mais obrigatoria, xa está dispoñible a través do sitio web institucional da Deputación de Pontevedra.
Ao longo da xornada reflexionarase sobre o xeito de facer accesibles os proxectos escénicos para todas as persoas, derrubando barreiras e fomentando a participación de persoas con discapacidade, dentro do traballo que a asociación desenvolve desde o seu Grupo de Traballo de Accesibilidade e Inclusión.
O programa desenvolverase entre as 9:30 e as 19h. Abrirá coa presentación do Grupo de Traballo e unha conferencia introdutoria a cargo de Miguel Valverde e Patricia de Lorenzo, presidenta de Escena Galega. Ás 11h terá lugar unha mesa de experiencias con compañías que traballan en accesibilidade: David Ojeda (De Palmyra Teatro, Madrid), Fran Rei (da asociada Culturactiva) e Paqui Romero (Danza Mobile, Andalucía), moderada por Noelia Castro, vicepresidenta da asociación. Pechará a mañá unha presentación sobre comunicación accesible, impartida por Pablo Vilariño Otero, instrutor da ONCE.
Xa pola tarde, haberá dous obradoiros prácticos. O primeiro, ás 16h, consistirá no deseño dun paseo táctil para persoas con discapacidade visual, da man de Julia Fernández-Nieto Pons (ONCE). O segundo, conducido por Borja Fernández, centrarase no deseño e implementación de audiodescrición mediante o programa QLAB.
Estas xornadas supoñen un novo paso na colaboración entre Escena Galega e a Deputación de Pontevedra, que inclúe tamén o impulso ao circuíto +Escénicas e outras accións de apoio á cultura e ás artes escénicas.
Pode revisarse a información completa aquí.
A actividade é de balde pero require inscrición previa que debe realizarse nesta ligazón antes do vindeiro domingo 15 de xuño ás 23:59h.
Las jornadas profesionales de Escena Galega llegan por vez primera a la provincia de Pontevedra, gracias a la colaboración con la Diputación, con una propuesta centrada en la accesibilidad y la inclusión en el campo de las artes escénicas. La cita tendrá lugar el martes 17 de junio en el Salón de Plenos del Pazo provincial, bajo el título “Accesibilidad e inclusión en las artes escénicas: construyendo experiencias accesibles desde lo primero clic hasta la butaca”, y contará con uno programa que combina reflexión teórica y aprendizaje práctico alrededor de este eje central.
Estas jornadas, que son el único foro estable de debate y reflexión para el sector de las artes escénicas profesionales en Galicia, están dirigidas a personas profesionales o interesadas en la inclusión y accesibilidad #cultural, y tendrán una capacidad máxima de 80 asistentes. La inscripción, gratuita pero obligatoria, ya está disponible a través del sitio web institucional de la Diputación de Pontevedra.
A lo largo de la jornada se reflexionará sobre la manera de hacer accesibles los proyectos escénicos para todas las personas, derribando barreras y fomentando la participación de personas con discapacidad, dentro del trabajo que la asociación desarrolla desde su Grupo de Trabajo de Accesibilidad e Inclusión.
El programa se desarrollará entre las 9:30 y las 19h. Abrirá con la presentación del Grupo de Trabajo y una conferencia introductoria a cargo de Miguel Valverde y Patricia de Lorenzo, presidenta de Escena Gallega. A las 11h tendrá lugar una mesa de experiencias con compañías que trabajan en accesibilidad: David Ojeda (De Palmyra Teatro, Madrid), Fran Rei (de la asociada Culturactiva) y Paqui Romero (Danza Mobile, Andalucía), moderada por Noelia Castro, vicepresidenta de la asociación. Cerrará la mañana una presentación sobre comunicación accesible, impartida por Pablo Vilariño Otero, instructor de la ONCE.
Ya por la tarde, habrá dos talleres prácticos. El primero, a las 16h, consistirá en el diseño de un paseo táctil para personas con discapacidad visual, de la mano de Julia Fernández-Nieto Pons (ONCE). El segundo, conducido por Borja Fernández, se centrará en el diseño e implementación de audiodescrición mediante lo programa QLAB.
Estas jornadas suponen un nuevo paso en la colaboración entre Escena Gallega y la Diputación de Pontevedra, que incluye también el impulso al circuito +Escénicas y otras acciones de apoyo a la cultura y a las artes escénicas.
Puede revisarse la información completa aquí.
La actividad es gratuita pero requiere inscripción previa que debe realizarse en este enlace antes del próximo domingo 15 de junio a las 23:59h.