• Inicio
  • Actualidade
  • Novas
  • Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, novas socias de honra de Escena Galega

Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, novas socias de honra de Escena Galega

A Xunta directiva da Asociación sectorial decide por vez primeira facer un recoñecemento ás tres históricas compañías polo seu labor no eido das artes escénicas do país

Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, novas socias de honra de Escena Galega

Escena Galega vén de facer un recoñecemento á traxectoria de Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, tras a primeira Asamblea Xeral do ano cos asociados. 

 No acto de homenaxe, que tivo lugar o mércores 5 de febreiro, quíxose recoñecer a indubidable traxectoria profesional e artística das tres compañías, así coma o seu traballo pola dignificación do sector escénico profesional galego, especialmente dentro dos lindes da propia Asociación. 

Ás 20,30h do 5 de febreiro tivo lugar un acto de recoñecemento das tres compañías no Auditorio de Galicia con representantes de moitas das asociadas no que se recoñeceu o labor de todas elas, nun acto organizado pola Xunta Directiva.

Teatro do Atlántico

Fundada en 1985, Teatro do Atlántico leva realizadas 35 producións. A compañía foi Premio da Crítica de Galicia 2016 no apartado de Artes Escénicas acadou ata o momento 69 nominacións e 30 premios de Interpretación, Dirección, Escenografía, Iluminación, Tradución ou Mellor Espectáculo. Recolleu o premio  Aleixandre Lago.

 Teatro do Morcego

Compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. Recibiu premios como os Compostela por Misterio cómico e Doberman; María Casares por Lazariño de Tormes, e sendo finalista neste último certame en varias ocasións. No acto rendeuse homenaxe ao falecido Celso Parada e entregóuselle o recoñecemento de socio de honra a título póstumo a súa viúva, Isabel Ávila.

 Teatro do Noroeste

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro profesional galega fundada no 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 30 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Recolleu o premio Luma Gómez.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos