• Inicio
  • Actualidade
  • Novas
  • Escena Galega publica un compendio das medidas que veñen anunciando as administracións públicas competentes no relativo á crise do CORONAVIRUS/COVID-19 para o sector cultural

Escena Galega publica un compendio das medidas que veñen anunciando as administracións públicas competentes no relativo á crise do CORONAVIRUS/COVID-19 para o sector cultural

Escena Galega publica un compendio das medidas que veñen anunciando as administracións públicas competentes no relativo á crise do CORONAVIRUS/COVID-19 para o sector cultural

Dende Escena Galega, Asociación Galega de Empresas das Artes

Escénicas, nunha tentativa de poñer algo de normalidade nestes días, publicamos un compendio das medidas que nos constan que van ir tomando cada unha das Administracións competentes, así como as accións que estamos levando a cabo dende o sector cultural para afrontar os efectos desta crise do CORONAVIRUS/COVID-19.

En termos xerais, produciuse un adiamento de todos os prazos de convocatorias públicas abertas en todas as Administracións. Isto faise efectivo durante os 15 días que dure o Estado de Alarma polo de agora, como focos de interese para as compañías isto afecta a (témolo confirmado polas propias Administracións).

Estas son as medidas específicas anunciadas polos distintos niveles de administración territorial:

Dende Escena Galega, Asociación Galega de Empresas das Artes

Escénicas, nunha tentativa de poñer algo de normalidade nestes días, publicamos un compendio das medidas que nos constan que van ir tomando cada unha das Administracións competentes, así como as accións que estamos levando a cabo dende o sector cultural para afrontar os efectos desta crise do CORONAVIRUS/COVID-19.

En termos xerais, produciuse un adiamento de todos os prazos de convocatorias públicas abertas en todas as Administracións. Isto faise efectivo durante os 15 días que dure o Estado de Alarma polo de agora, como focos de interese para as compañías isto afecta a (témolo confirmado polas propias Administracións).

Estas son as medidas específicas anunciadas polos distintos niveles de administración territorial:

NO ÁMBITO AUTONÓMICO:

a) Rede Cultural da Deputación da Coruña:

Estamos detectando dende Escena Galega que, evidentemente, o proceso de distribución e contratación, agora en curso, non se está realizando con normalidade. Os Concellos, incluso máis aló destas dúas semanas, non se atreven en moitos casos a marcar datas en abril e incluso maio.

A xerencia da Asociación mandou un correo a Cultura da Deputación e confirmaron que a súa intención é “flexibilizar e garantir ao máximo” o funcionamento normal da Rede durante este ano. 

Como unha primeira medida comunicámoslles que se debería alongar o prazo de contratación, dadas as circunstancias.

No relativo ao prazo de contratación de espectáculos e actividades por parte das entidades locais esta é a información que publicaron.

b) Agadic:

No relativo aos prazos de xustificación das axudas da Agadic 2019 e os prazos de presentación de solicitudes para as axudas a creación 2020, esta é a información publicada pola propia Agadic.

No referente á programación suspendida dentro da RGTA continuamos á espera dunha resposta con medidas concretas, pero o que nos comunican dende Agadic é que van dar total flexibilidade aos titulares dos espazos en todos os aspectos de xestión desta rede: que as funcións suspendidas se trasladen automáticamente ao segundo semestre, incluído o orzamento non gastado no primeiro semestre. Pola nosa banda, prepararemos unha comunicación aos programadores/as para instalos a que estas funcións se recuperen o antes posible, incluso no verán, para non sobrecargar de programación o segundo semestre.

Deste xeito, estamos a agarda de postura oficial, e pola nosa banda prepararemos tamén un escrito para os espazos, que como sabedes son os únicos titulares da programación da RGTA e o contrato únicamente entre espazo e compañía. A nosa postura é clara: que non se perda ningunha función e que os espazos executen ao 100% toda a programación e orzamento previsto para o 2020.

Fronte común do sector cultural galego -e o do resto do Estado- ante esta crise:

Sumámonos ao comunicado emitido pola AGPXC. Propuxemos, como están facendo en Euskadi ou na Comunidade de Madrid, crear unha fronte común co resto de colectivos do sector das artes ao vivo. Está previsto que teñamos unha xuntanza vía Skype ao longo da semana que vén.

2. NO ÁMBITO ESTATAL/EUROPEO

Descansamos a interlocución con INAEM e Ministerio en Faeteda, que nos comunicarán cuestións concretas en canto haxa novidades. A liña de acción a seguir é a flexibilización a todos os niveis das axudas habituais das dúas entidades (a programación en festivais, coproducións, salas, axudas en xira) e tamén a apertura de axudas específicas polos problemas derivados desta crise. 

a) INAEM:

Neste momento non hai ninguna convocatoria en curso. Como previsión, antes desta crise INAEM xa manexaba un retraso na convocatoria das axudas (xira, coproducións, festivais...) de entre 4 e 6 semanas.

Solicitamos a Faeteda tamén que elaboren un documento con todas as medidas xenéricas destinadas a PEMES e profesionais autónomos/as das que se poidan beneficiar as compañías, dentro do paquete anunciado polo Goberno o pasado xoves.

No ámbito europeo, publicouse tamén un comunicado de PEARLE solicitando unha resposta coordinada e específica para o sector cultural no ámbito da UE. 

b) Primeiras medidas propostas ao Ministerio de Cultura e Deporte.

Dende FAETEDA enviamos un documento ao Ministerio, cunha primeira proposta de medidas nos eidos fiscal, laboral, financieiro, de axudas públicas e para a promoción cultural. Tamén unha proposta para reforzar dende o Ministerio as accións a levar a cabo polas CCAA e entidades locais.

Nesta ligazón tedes a enquisa na que traballamos estes días e que centraliza a Unión de Asociaciones de las Industrias Culturales de España sobre o impacto económico desta crise nas empresas do sector das artes ao vivo. É moi importante que a contestedes, xa que precisamos datos precisos de como está afectado o sector.

É por isto que tamén vos animamos a que cubrades outras enquisas ou peticións de información que sabemos que outras organizacións están elaborando, e que animedes a compañías que non están asociadas, compartindo a ligazón, a que fagan o propio, para ter unha perspectiva o máis global posible. (*) O prazo para cubrir o documento remata este xoves 19 de marzo ás 14.00 h.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos