Escena Galega oferta un novo programa de formación en MS Access para asociadas

O programa, centrando no uso de MS Access, terá tamén a matrícula aberta para non asociadas

Escena Galega oferta un novo programa de formación en MS Access para asociadas

Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, oferta un novo curso de formación para asociadas -desta volta en MS Access- cuxa matrícula estará tamén aberta para non asociadas no caso de que queden prazas dispoñibles. 

Tendo en conta as circunstancias derivadas da crise sanitaria, a formación desenvolverase dun xeito non presencial e empregaremos ferramentas telemáticas para que o desenvolvemento do curso sexa en liña.

 

Access é un sistema de xestión de bases de datos incluída no paquete de Microsoft Office que constitúe unha ferramenta moi útil para compilar e organizar información.

 

A duración do curso é de 20 horas e comezará a súa impartición o vindeiro luns 15 de xuño con sesións luns, mércores e xoves de 10,00 a 13,00h ata o 29 de xuño. A inscrición e matrícula farase a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto “Formación Access”, indicando o nome e apelidos, nome da compañía asociada -de ser o caso- e un teléfono de contacto. Está aberta ata 11 de xuño ás 10,00h.

 

Activamos así -como vén sendo habitual dende a Asociación- o programa de formación anual para asociadas, adaptándonos neste caso ás circunstancias e mudando o seu formato cara o online.

 

Pode revisarse toda a información aquí.

Escena Galega acorda coa Xunta aprazar a celebración do oitavo mercado Galicia Escena PRO

A organización traballará na procura de datas alternativas, ao tempo que deseña un formato flexible para se adaptar á evolución da crise sanitaria nos próximos meses

Escena Galega acorda coa Xunta aprazar a celebración do oitavo mercado Galicia Escena PRO

Escena Galega e a Xunta de Galicia acordaron aprazar a celebración da oitava edición do mercado galego das artes escénicas Galicia Escena PRO, que ía celebrarse este mes de xuño en Santiago de Compostela, así como deseñar conxuntamente un formato de feira flexible que facilite a súa adaptación á evolución da crise sanitaria polo Covid-19 nos próximos meses.

Galicia Escena PRO 2020 repetirá por segundo ano consecutivo o modelo de coorganización que a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Musicais (Agadic), puxo en marcha en 2019 xunto con Escena Galega.

Ambas entidades traballarán na procura de datas alternativas que permitan a súa celebración coas garantías sanitarias que determinen as autoridades correspondentes unha vez se levante o actual estado de alarma.

Estúdase tamén a adaptación do seu formato á evolución da actual situación de crise sanitaria, incidindo no papel profesional de Galicia Escena PRO como espazo de diálogo e intercambio entre os ámbitos da produción, a distribución e a programación de teatro e danza.

En 2019, o mercado galego das artes escénicas reuniu en Santiago a máis de 150 axentes culturais chegados de diferentes puntos de Galicia e do resto do Estado para asistir ao seu programa de exhibición e participar nas actividades de encontro profesional. Entre elas, reforzouse espacialmente o apartado de networking coa coordinación directa de máis de 120 reunións personalizadas entre os programadores de teatros, auditorios e festivais convidados e os representantes de compañías e empresas distribuidoras de artes escénicas.

O sector das artes escénicas e musicais únese para reclamar un paquete de medidas extraordinarias que permitan afrontar as consecuencias da crise provocada polo COVID-19

O sector das artes escénicas e musicais únese para reclamar un paquete de medidas extraordinarias que permitan afrontar as consecuencias da crise provocada polo COVID-19

Escena Galega, a través da Federación Estatal de Asociacións de Empresas de Teatro e Danza (FAETEDA) vén de publicar un documento conxunto elaborado polo sector con 52 medidas extraordinarias para afrontar as consecuencias da crise sanitaria no sector das artes escénicas e a música.

Nun estado de emerxencia cultural, o sector das artes escénicas e da música diríxese conxuntamente e cunha soa voz para requirir unha actuación inmediata e coordinada de todas as Administracións.

As asociacións profesionais que integran o sector escénico e musical de España subscriben un documento no que demandan un “plan de choque” con fondos suficientes para afrontar os efectos derivados da crise sanitaria provocada polo  COVID-19.

Aínda que se presentaron medidas económicas audaces e extraordinarias, estas non son suficientemente específicas para un sector que se caracteriza pola súa estacionalidade e  intermitencia. A situación actual esixe unha acción conxunta de todas as administracións. «É imperativo que os principios de coordinación, cooperación e colaboración interadministrativa sexan unha realidade para afrontar con solvencia esta crise», sinalan.

O sector deberá facer fronte á suspensión, no período comprendido entre marzo e maio 2020, dunhas 30.000 funcións, o que supoñerá unhas perdas superiores aos 130 millóns de euros, que poderían incrementarse de forma significativa nos próximos meses. Por esta razón, as asociacións asinantes han elaborado un conxunto de 52 medidas que inclúe un amplo programa de accións. Ademais da execución total do orzamento de gasto consignado en artes escénicas e musicais para o presente exercicio, reclaman a protección do tecido empresarial artístico e creativo e outras accións en materia laboral que teñan en conta a realidade dun ámbito estratéxico para o Estado. Así mesmo, solicitan que se incentiven campañas de consumo cultural unha vez superada á crise.

Pode revisarse o documento aquí.

Escena Galega publica un compendio das medidas que veñen anunciando as administracións públicas competentes no relativo á crise do CORONAVIRUS/COVID-19 para o sector cultural

Escena Galega publica un compendio das medidas que veñen anunciando as administracións públicas competentes no relativo á crise do CORONAVIRUS/COVID-19 para o sector cultural

Dende Escena Galega, Asociación Galega de Empresas das Artes

Escénicas, nunha tentativa de poñer algo de normalidade nestes días, publicamos un compendio das medidas que nos constan que van ir tomando cada unha das Administracións competentes, así como as accións que estamos levando a cabo dende o sector cultural para afrontar os efectos desta crise do CORONAVIRUS/COVID-19.

En termos xerais, produciuse un adiamento de todos os prazos de convocatorias públicas abertas en todas as Administracións. Isto faise efectivo durante os 15 días que dure o Estado de Alarma polo de agora, como focos de interese para as compañías isto afecta a (témolo confirmado polas propias Administracións).

Estas son as medidas específicas anunciadas polos distintos niveles de administración territorial:

Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, novas socias de honra de Escena Galega

A Xunta directiva da Asociación sectorial decide por vez primeira facer un recoñecemento ás tres históricas compañías polo seu labor no eido das artes escénicas do país

Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, novas socias de honra de Escena Galega

Escena Galega vén de facer un recoñecemento á traxectoria de Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, tras a primeira Asamblea Xeral do ano cos asociados. 

 No acto de homenaxe, que tivo lugar o mércores 5 de febreiro, quíxose recoñecer a indubidable traxectoria profesional e artística das tres compañías, así coma o seu traballo pola dignificación do sector escénico profesional galego, especialmente dentro dos lindes da propia Asociación. 

Ás 20,30h do 5 de febreiro tivo lugar un acto de recoñecemento das tres compañías no Auditorio de Galicia con representantes de moitas das asociadas no que se recoñeceu o labor de todas elas, nun acto organizado pola Xunta Directiva.

Teatro do Atlántico

Fundada en 1985, Teatro do Atlántico leva realizadas 35 producións. A compañía foi Premio da Crítica de Galicia 2016 no apartado de Artes Escénicas acadou ata o momento 69 nominacións e 30 premios de Interpretación, Dirección, Escenografía, Iluminación, Tradución ou Mellor Espectáculo. Recolleu o premio  Aleixandre Lago.

 Teatro do Morcego

Compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. Recibiu premios como os Compostela por Misterio cómico e Doberman; María Casares por Lazariño de Tormes, e sendo finalista neste último certame en varias ocasións. No acto rendeuse homenaxe ao falecido Celso Parada e entregóuselle o recoñecemento de socio de honra a título póstumo a súa viúva, Isabel Ávila.

 Teatro do Noroeste

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro profesional galega fundada no 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 30 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Recolleu o premio Luma Gómez.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos