Así foi a xuntanza en Tui sobre circulación escénica transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

Así foi a xuntanza en Tui sobre circulación escénica transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

O pasado 16 de outubro Escena Galega organizou o terceiro encontro con axentes da Rexión Norte de Portugal para presentar o bosquexo do proxecto que permitirá artellar un circuíto de circulación escénica transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal. 

A actividade concretou as conclusións das dúas anteriores xornadas -a primeira celebrada no marco do Culturgal 2017 e a segunda froito dunha mesa de traballo que tivo lugar en Viana do Castelo en 2018-, centradas na relación coas entidades públicas con competencias en política cultural na rexión.  Celebrouse no Concello de Tui co beneplácito da AGADIC e nela presentouse Camiño Escena Norte como exemplo de proxecto interterritorial xestionado por Escena Galega.

Á xuntanza asistiron Diego V. Meizoso -xerente da asociación- e María Torres (Elefante Elegante) -secretaria de Escena Galega-como representantes da entidade. Estiveron presentes tamén representantes da DRCN, o Eixo Atlántico ou as Câmaras Municipais de Viana do Castelo, Famaliçao, Maia, Póvoa de Varzim, Valença do Minho e os TM do Porto

Acordouse a implicación da Direçao Regional de Cultura do Norte de Portugal, que servirá de interlocutor na zona portuguesa.

O Consello da Cultura Galega publica o informe sobre a situación das traballadoras do sector audiovisual e escénico impulsado pola AAAG, AGA, Escena Galega e a Mostra de Cangas

O Consello da Cultura Galega publica o informe sobre a situación das traballadoras do sector audiovisual e escénico impulsado pola AAAG, AGA, Escena Galega e a Mostra de Cangas

O informe constata a desigualdade, a discriminación e os desequilibrios salariais no sector, así como tamén a maior incidencia da temporalidade e as dificultades de acceso ao mundo laboral para as mulleres. Ademais, o informe detecta a existencia de casos de acoso laboral e sexual.

As citadas asociacións profesionais do sector fan un chamamento para a reflexión a todas as persoas que traballan no sector cultural, que representa o 3,5% do emprego total en Galicia, pero tamén ás administracións e mais ao público.

GALICIA ESCENA PRO CELEBRA A SÚA SÉTIMA EDICION CO TEATRO DE RÚA, DÚAS ESTREAS E MÁIS ‘NETWORKING’ ENTRE AS PRINCIPAIS NOVIDADES

Máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto de España asistirán a esta cita, que lle abre ao público xeral a exhibición dos 20 espectáculos en cartel

GALICIA ESCENA PRO CELEBRA A SÚA SÉTIMA EDICION CO TEATRO DE RÚA, DÚAS ESTREAS E MÁIS ‘NETWORKING’ ENTRE AS PRINCIPAIS NOVIDADES

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, avanzou este mediodía as principais novidades da sétima edición do mercado Galicia Escena PRO, que terá lugar desde o vindeiro luns 10 ao xoves 13 en diferentes espazos de Santiago de Compostela. Máis de 150 axentes culturais chegados desde diferentes puntos de Galicia e do resto de España daranse cita neste evento, que por vez primeira se leva a cabo baixo a organización compartida entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación empresarial Escena Galega.

MÁIS DE 150 PROFESIONAIS INSCRÍBENSE NA SÉTIMA EDICIÓN DO MERCADO GALICIA ESCENA PRO

Entre os axentes culturais acreditados, atópanse programadores de espazos escénicos públicos e privados e de diferentes festivais galegos e doutros puntos de España, así como representantes de compañías e empresas distribuidoras

MÁIS DE 150 PROFESIONAIS INSCRÍBENSE NA SÉTIMA EDICIÓN DO MERCADO GALICIA ESCENA PRO

Máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto de España reuniranse do 10 ao 13 de xuño en Santiago de Compostela para participar na sétima edición de Galicia Escena PRO que, como en anos anteriores, tamén abrirá o seu programa de espectáculos ao público xeral. A Consellería de Cultura e Turismo promove este mercado galego das artes escénicas, que por vez primeira organizan de xeito compartido a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.

Galicia Escena PRO reforza as posibilidades de intercambio teatral con Madrid, Cantabria e Euskadi

Rotura Producciones, Café de las Artes Teatro e Hortzmuga Teatroa son as tres compañías destas comunidades que actuarán no mercado galego de artes escénicas grazas á colaboración con MADferia e co proxecto Camiño Escena Norte

Galicia Escena PRO reforza as posibilidades de intercambio teatral con Madrid, Cantabria e Euskadi

A sétima edición de Galicia Escena PRO inclúe no seu programa tres espectáculos procedentes de Madrid, Cantabria e País Vasco dentro das vías de colaboración abertas tanto con MADferia como co proxecto Camiño Escena Norte. Trátase das propostas de Rotura Producciones, Café de las Artes Teatro e Hortzmuga Teatroa, que compartirán cartel cos 17 espectáculos galegos e os 10 proxectos en formato pitching seleccionados para esta nova entrega do evento que promove a Consellería de Cultura e Turismo, baixo a organización compartida entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos