Xampatito Pato

A compañía

En 2011 comeza a súa carreira artística en Galiza, entranodo a formar parte da escola de circo “Circonove”.

Entre os anos 2013 e 2015 continúa os seus estudos na escola de formación profesional “Carampa”, sendo aquí onde se forma a compañía “Pass & Company” gañadora do “Talent Madrid” na disciplina de Circo e Artes alternativas. En 2016 crean “Juguete Roto 3p0” premiado na sección Off do 18º TAC de Valladolid.

En 2017 funda a compañía Xampatito Pato coa que crea “SÓ.” un espectáculo que combina os malabares co humor e que tivo unha gran acollida entre o público. Gañador, entre outros, do premio do público en MalabHaría 2020 e do segundo premio Panorama Circada 2019, este espectáculo xirou por gran parte da xeaografía española.

Ademais do seu traballo en Xampatito Pato e Pass & Company, colaborou e colabora con diferentes compañías como Gandini Juggling, Chipolatas, Proyecto Sánchez,” Ale Hop e Pista catro.


  • Sede

    Rúa entrepexigos 18, 1ºF. Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Correo-e

    Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfonos
  • 606724305
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.