Producións Teatrais Excéntricas

A compañía

Excéntricas é un proxecto teatral que se desliza comodísimo polos vieiros da comedia, e en xeral polo uso do humor como instrumento óptico para ollar o mundo e os seres humanos. Excéntricas ten tres formatos de espectáculos: os que protagoniza o dúo Mofa & Befa, con obras de elaboración propia e métodos artesanais; os espectáculos unipersoais de Quico Cadaval, e outra liña, na que se parte de textos de autores contemporáneos como Shakespeare, McDonagh, Topor ou Valle-Inclán, que teñen en común o uso do humor como ferramenta crítica e dos coñecementos como materia para a burla e para o riso. Algúns dos seus éxitos son «Shakespeare para Ignorantes», «Un Cranio Furado» ou «A Cabeza do Dragón». E, por se no chegara, en 2019 estreamos «Medida x Medida» de Shakespeare. A principios de 2021 chegará «Estrela do Día» a nosa nova produción.


  • Sede

    Rúa Ponte do Sar 4 baixo dereita 15702 Santiago de Compostela
  • Correo-e

    Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfonos
  • 618752105
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.