La Macana

A compañía

LA MACANA é unha compañía de danza con base en Galicia formada no ano 2009 polos creadores Caterina Varela e Alexis Fernández.

As colaboracións continuadas con outros artistas e a forte proxección internacional dos seus proxectos son dous dos piares fundamentais sobre os que se constrúe LA MACANA.

Co seu primer traballo, Ven, premiado en diferentes ocasións e presentado en máis de vinte países conseguen abrirse un oco na escena internacional.

A súa traxectoria lévaos tanto a traballar en producións propias (Ven, Shure PG48, Sometimes, No Title Yet, Alfa), en proxectos en colaboración con outros artistas (Cola de Gallo, Seis de Catro, Drown the Road, Invisible Wires, Together) ou como coreógrafos convidados para outras compañías (Chuck & Bruce para Thomas Noone, Lust para Pottporus Renegade, Tanz 4 para Susanne Linke ou De punta a cabo para Carlos Acosta).

Unha das súas últimas creacións, Pink Unicorns, creouse en colaboración co artista Samir Akika nunha coprodución galego-alemá


  • Sede

    R/ Varela Silvari, 28 2º (A Coruña) 15001
  • Correo-e

    Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfonos
  • 670 279 805
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.