As xornadas profesionais da Escena Galega 2023 celebraranse en Carballo o  martes 24 de outubro e falarán dos retos de futuro dos servizos técnicos para as artes escénicas galegas

As xornadas profesionais da Escena Galega 2023 celebraranse en Carballo o martes 24 de outubro e falarán dos retos de futuro dos servizos técnicos para as artes escénicas galegas

Contan co financiamento da Deputación da Coruña, a colaboración do FIOT e o patrocinio de Cafés Candelas

Voltan as xornadas profesionais de Escena Galega, cun programa que leva por título Os servizos técnicos para as artes escénicas profesionais en Galicia: diagnose, actualidade e retos de futuro. Desta volta, a proposta desenvolverase no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Carballo o vindeiro martes 24 de outubro en xornada de 09.30 a 17.30h. 

 

Nesta edición de 2023, Escena Galega desvía a atención da parte artística para centrarse na realidade da parte técnica do sector: falta de relevo xeracional ou de profesionais especializados/as nalgúns casos, entre outras moitas cuestións. Algunhas de estas razóns dificultan contar con servizos técnicos para a circulación e exhibición de escénicas de carácter profesional no País. Por mor disto, entre outras cuestións estruturais, cada vez faise menos doada a circulación, chegando ás veces a renunciar a contratación por non contar con equipas de persoal técnico disponible para realizar os servizos nas datas previstas. Noutros casos as funcións poden realizarse, mais non nas condicións óptimas, pois cada vez máis os persoal técnico non está especializado nas especificidades das artes escénicas e si noutros eidos, como a produción e asistencia técnica de eventos musicais, congresos ou eventos de carácter corporativo.

 

Escena Galega quere, por medio desta cita, que celebramos no marco do FIOT, reflexionar, identificar problemas e tentar buscar solucións a estas cuestións, no convencemento de que as produtoras de artes escénicas precisan deste tipo de equipos cualificados e con experiencia para desenvolver as súas propostas artísticas, como dúas patas fundamentais á hora da exhibición dun espectáculo profesional. Tamén aproveita a asociación para xerar un espazo de encontro entre compañías, empresas de recursos e profesionais en activo.

 

Ao longo das 3 mesas proxectadas para o día, as persoas asistentes poderán reflexionar sobre as distintas perspectivas e realidades da formación do persoal técnico, a situación actual dos servizos desta tipoloxía e os retos de futuro para o sector.

 

Pode revisarse a información e programación completa aquí.

 

A actividade é de balde pero require inscrición previa, que debe realizarse enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto "Inscrición xornadas profesionais" e indicando nome completo/teléfono de contacto/relación co sector das artes escénicas ata o luns 23 de outubro ás 14.00 h.

 

Esta actividade conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña, a colaboración do FIOT de Carballo e o patrocinio de Cafés Candelas

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.